Hoxe desenvólvese o terceiro día da folga indefinida en Circet, empresa de telecomunicacións . Os compañeiros e compañeiras, coa súa solidariedade e conciencia de clase, conseguiron paralizar de novo a actividade empresarial.
IMG_1341
Esta mañá celebrouse unha concentración diante das dependencias de TELEFÓNICA en Vigo, pois esta empresa, este monopolio, é quen consinte e promove a explotación das persoas traballadoras das instalacións telefónicas.
CIRCET continúa tamén coa súa actitude represiva e ninguneando os dereitos que nos asisten. Se seguen nese camiño van ternos enfronte e seremos tamén un sinónimo de contundencia.
A loita continúa.
CIRCET, ESCOITA, ESTAMOS EN LOITA!!!