Terceira versión do borrador sobre a modificación de acceso á función docente, aplicable xa a 2022

695

No día de hoxe o Ministerio de Educación remitiu aos sindicatos o terceiro Borrador para a negociación do novo modelo de acceso en aplicación da Lei 20/2021 de Redución da Temporalidade publicada hoxe no BOE.  BORRADOR 3

 A única novidade salientable que atopamos é a da explicitación da valoración da formación permanente no modelo de concurso-oposición ata 1 punto no apartados Outros méritos, polo que se vería este apartado conformado por dúas posibilidades de obter os puntos: ter aprobado algún proceso de oposición dende 2012 ou ben ter cursos de formación permanente. O resto do borrador mantén o modelo xa presentado en versións anteriores. 

Ademais explicita que este novo modelo debe ser aplicado nas convocatorias publicadas a partir da entrada en vigor da Lei, mañán 30 de decembro polo que podemos xa dar por seguro que a convocatoria de 2022 na Galiza aplicará xa o novo modelo, pendente a día de hoxe da publicación devandita convocatoria.