Tempo de moverse. Tempo do sindicalismo de clase

155

O 16 de abril imos parar o tempo para seguir movéndonos, e farémolo mediante unha paréntese á que chamamos Conferencia Nacional, cuxo verdadeiro motor vai ser a participación de toda a afiliación.A dirección do sindicato considera que chegou o momento de iniciar un proceso de reflexión, que comeza nesta Conferencia, na que teremos que cuestionarnos como intervir na sociedade. É o momento de falar con sinceridade e poñer en debate o que se fai mal, para mudalo, e o que facemos ben para melloralo. Non se trata romper senón de adaptar o sindicato ao século XXI (no discurso e na acción sindical) e para iso debemos potenciar aqueles valores útiles do sindicalismo clásico e adaptarnos á nova realidade da clase traballadora que está máis ala do corsé do sindicalismo clásico, que entronca cos movementos sociais.En Compostela, o 16 de abril, paremos o tempo para seguir construíndo o movemento sindical alternativo e de clase.