Para traballar somos de primeira, a fábrica máis produtiva e das que máis beneficios aporta ao grupo.
E sempre imos por detrás en salarios i en pagas de beneficios?
Aos vellos que entraron no 72 contábanlles que o franco era distinto da peseta, e cando xa cobramos en euros que a vida en Francia era máis cara. No comité europeo os nosos representantes (SIT, UGT e CCOO) foron enganados cando lles dixeron que cobrar mil euros menos de paga de beneficios era cobrar o mesmo que en Francia.. Para cobrar somos de segunda. Debe ser que este tema non e importante ou quizais ,e nimio como din das eleccións. E o que máis lle preocupa aos nosos representantes europeos é atacar á CUT, e tentar bularse do noso traballo, para non falar da ausencia do seu.
Seis mil setecentos dezaoito % máis! Só no estado español.
Os ERTE´s a conta do estado e das persoas traballadoras. As paradas a conta dos provedores que non cumpran cos contratos. E a xunta regando con cartos públicos..
A raíz dunha serie de mobilizacións en varias fábricas Francesas (Rennes, Hordain, Douvrin ou Valenciennes) que remataron en folga o martes 27 e o mércores 28 de setembro, Stellantis FRANCIA decide dar unha paga de 1.400€ só alí. Para compensar a elevada inflación.
IPC Francia 5,6% IPC España 10,5%.
Stellantis Italia, comezará en breves a negociar. Stellantis España, nin esta nin se lle espera.
|
Quen queres que te represente para reclamar, negociar e poñer ás necesidades das persoas como prioridade ?