Resulta que agora a culpa non é de quen asina acordos que poden ser ilegais ou discriminatorios, con cláusulas anti-demanda ou directamente anti-CUT. A culpa é de quen denuncia as ilegalidades e defende que as persoas traballadoras teñan os mesmos dereitos.
1º. Acto: SIT, UGT e CCOO en Vigo asinan un novo acordo no 2023 de paga de beneficios que modifica o anterior e penaliza economicamente as persoas traballadoras que están de IT por enfermidade común.
2º. Acto: A CUT denuncia esta modificación ao considerar que vai en contra da legalidade. O xulgado do social de Vigo danos a razón.
3º. Acto: A empresa anuncia recurso xunto con CC.OO (non o fai SIT e UGT) e finalmente só recorre a empresa ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
4º. Acto: Os asinantes que sempre recorren todas as sentenzas, neste caso curiosamente non o fan, e van polos talleres sementando o medo de que corre o risco de non cobrar a paga de beneficios este ano por culpa da CUT. Pero non só o fan en Vigo, senón en Madrid e Zaragoza simultaneamente. (Unha estratexia pactada).
5º. Acto: A empresa e asinantes antes incluso de que se publiquen os resultados do grupo e se vai existir reparto de dividendos entre os/as traballadores/as do grupo, anuncian a súa suspensión do abono da paga que xa se viña fraguando semanas atrás, e fano a “bombo e platillo” tanto internamente como externamente nos medios de comunicación.
O mesmo fan os sindicatos UGT e CC.OO e outros sindicatos colaboradores nos centros de Madrid e Zaragoza onte, onde existen demandas presentadas e pendentes de xuízo.
Que vai suceder agora? Proximamente o grupo anuncia resultados e tamén reparte dividendos entre a plantilla.
Non esquezamos que, a maiores, grazas aos asinantes o 70 % da paga é de valoración individual, o que significa que a empresa a través da valoración dos RU deciden unilateralmente canto cobra cada quen.
A CUT demanda tras demanda, e sentenza tras sentenza que condena á empresa e asinantes dos acordos por vulnerar dereitos fundamentais, o único que demostra é a situación de precariedade e abusos aos que está sometida a plantilla de Stellantis Vigo.
Reflexión: No 2026 temos eleccións sindicais no centro, e para cubrir seguramente as miserias do resto dos sindicatos, xa están sementado o camiño na procura de que a CUT quede fóra do comité de empresa. Despois, o camiño quedará libre, e se agora nos queixamos de abusos, non será nada co que virá se non estamos no comité.
Se existise vontade de abono na paga en cumprimento da sentenza, só sería preciso incluír na redacción do texto: en situacións de incapacidade temporal por accidente laboral e enfermidade profesional e común.
Incluso o acordo establece que, as partes en caso que se modifique por sentenza xudicial algunha disposición do acordado, se pode suspender total ou globalmente, agás que as partes adoptasen de mutuo acordo unha solución alternativa. (Cousa que non quixeron facer dentro da súa estratexia de culpabilizar a CUT).
Para a CUT é tan culpable a empresa coma os asinantes, cada quen que analice a situación e saque as súas propias conclusións.