SOMOS CUT. VOTA CUT ENSINO O DÍA 1

256

 

Presentámosvos os vídeos feitos polas compañeiras da CUT, co obxectivo de que coñezades a algunhas persoas das que levamos este sindicato adiante, xa que cada día somos máis as que acreditamos nun modelo alternativo e combativo no espazo sindical que hoxe non existe no ámbito do ensino galego ao noso entender.

SOMOS CUT VÍDEO 1: https://vm.tiktok.com/ZMFQGVhx7/

SOMOS CUT VÍDEO 2: https://vm.tiktok.com/ZMFQGgyBn/

A CUT PRECISA DO TEU VOTO

Queremos ter horas sindicais (membros da xunta de persoal docente e delegados sindicais) para poder levar a cabo dúas cousas fundamentais:

1. Ampliar as nosas loitas: ata o de agora usamos en exclusiva o noso tempo libre e centramos a loita no elo máis precario do ensino público: o persoal temporal. Porén como docentes afectadas por todas as problemáticas comúns a calquera docente, independentemente da súa modalidade contractual, tamén queremos loitar pola mellora das nosas condicións laborais e do ensino en xeral. No noso programa podes ver o que queremos cambiar:

http://www.cutgaliza.org/ensino/eleccions-2022

A loita pola fin do abuso da temporalidade aínda non chegou ao seu fin. Hai múltiples docentes que non van estabilizar e outros moitos que quedan á marxe incluso do acceso nun futuro inminente. Para máis, o sistema de listas está en negociación en función pública. Por máis bombas de fume prelectorais que haxa nestes días, o traballo destes 4 pasados anos está por rematar nos dous seguintes canto menos. Os procesos xudiciais están abertos en paralelo.

2. Devolver os seus tempos aos docentes que coordinan a CUT. Como xa che comentamos, a nosa loita neste 4 anos fíxose en exclusiva no noso tempo libre por non ter representación. A nosa coordinadora é forte e o noso grupo compacto pero é de xustiza que as compañeiras que encabezan a loita pola mellora de todas teñan tempo para si, para as súas familias e ocupacións. A militancia nos nosos tempos debe ser voluntaria e non forzada pola falta de horas sindicais para manter e amplicar a nosas loitas.

Agardamos que confíes na loita transformadora da CUT e nun espazo que loita dende abaixo, sen personalismos e en conexión co resto da clase obreira galega e internacional. Os docentes non somos unha illa, somos unha peza máis do taboleiro de xogo do sistema do capital. Os nosos dereitos e os dos servizos públicos deben ser defendidos por nós como axentes implicados de primeira liña e contrarios á privación de dereitos e privatizacións progresivas dos gobernos galego e central.

POR UN ENSINO CARGADO DE FUTURO

VOTA CUT