Solución para o Naval: Folga Xeral Nacional

109

Onte os traballadores do sector naval da comarca de Ferrolterra, manifestáronse diante do Parlamento de Galicia. O sector naval ferrolán din, está sen carga de traballo. Os estaleiros de Vigo e Marín exceptuando Metalships e Armón están paralizados. Cal é a razón, de que estiveran en Compostela os traballadores ferroláns, e non os do naval de Pontevedra? É evidente que aquí hai gato pechado.O sector naval é un sector estratéxico do tecido produtivo e da economía galega. Ó paso que vamos, moi pronto imos ter que falar en pasado, e o sector naval formará parte da historia do País. Pero que pasa con este sector laboral que durante moitos anos, foi ademais a punta de lanza do movemento obreiro galego? A resposta a unha e outra pregunta, temos que atopala na actitude das grandes corporacións sindicais durante os últimos trinta anos. Si, para atinar na desposta debemos de retrotraernos á posición sindical mantida por CCOO e UGT, sobre todo os primeiros, de postración, negociación e aceptación ó pe da letra dos ditados da patronal e das directrices da UE. Lembremos a chamada “reconversión” dos anos 80 do século pasado. Os sindicatos grandes e a súa práctica de pacto social, ven homologando nos últimos anos o discurso da SEPI. Partindo de aquí é ben entendible que os traballadores do naval non estean defendendo na rúa os seus dereitos. Conceptos como “carga de traballo” ou “tax lease” son auténticas cortiñas de fume, para manter no marasmo e no engano ós compañeiros do naval. O naval, como calquera outro segmento da economía galega, so pode ter un horizonte de futuro a través da loita decidida. Partindo dos discursos claros, da honestidade e da valentía sindical. Desde a CUT non nos cansaremos de dicilo, o lume do naval hai que sumalo ós outros lumes. So coa unidade de clase e nacional poderemos enfrontar as políticas antiobreiras e ultraliberais do PP e mañá do PSOE. A Folga Xeral, enfiada desde a base é a resposta hoxe ineludible. O demais é enganar á clase traballadora. E si non é así, non haberá solución para o naval, pero tampouco para as pensión, nin para botar abaixo a reforma laboral. Sen Folga Xeral non poderemos recuperar a confianza en nos mesmos. Confianza na nosa capacidade para organizarmos e dar os batallas obreiras que se requiran para defender os nosos dereitos e os nosos intereses de clase.