Soliedariedade coa Folga en Clece-Psa Vigo

244

Os/as compañeiros/as da Limpeza, están a sufrir igual ca nós, a política de recortes que ven aplicando a todos os/as traballadores/as o grupo na redución de custes, para o aumento na marxe de beneficios dos accionistas e dos directivos.

A falla de limpeza no centro é evidente, repercutindo nas nosas  condicións de traballo e na nosa saúde. Os culpables non son os/as traballadores/as, senón a dirección de PSA e CLECE que eliminan gamas e frecuencias de limpeza, e “presionan” para reducir plantilla.

Os/as traballadores/as da limpeza veñen de convocar dúas xornadas de FOLGA, que darán comezo o Domingo 3 de Setembro as 6h, ata o Martes 5 de Setembro as 6h, ante a situación e deterioro das súas condicións de traballo, e incumprimentos reiterados de CLECE, baixo o amparo de PSA Vigo. Establecéndose un calendario de mobilizacións como as xa realizadas con anterioridade, que dende a CUT sempre apoiamos, e agora novamente animamos a todos/as os/as traballadores/as do centro a apoiar e participar.

Agardamos de cara a estas xornadas de folga dos compañeiros/as da limpeza, que ningún traballador/a de PSA ocupe postos de traballadores/as folguistas de CLECE, como xa sucedeu no pasado.  Non poden obrigarnos a realizar postos externalizados, e menos de traballadores/as exercendo un dereito fundamental da clase obreira. Non sexamos cómplices!.

Domingo 3:

– Manifestación as 12:30h dende a portaría principal de Citroën ata Castrelos, e posterior concentración na porta ata as 14:30h.

– Concentración na portaría principal de PSA dende as 21h ata as 22h.

Luns 4:

 – Concentración na sede central de CLECE en Praza América Nº-1, dende as 11h ata as 12h.

– Manifestación as 12h dende dita praza a portaría de principal de PSA.

– Concentración portaría PSA dende as 13:30h  as 14:30h.

– Manifestación as 20:30h dende a portaría principal concentración ata as 22:30h.

“Non creo que sexamos parentes moi cércanos, pero se vostede é capaz de tremer de indignación cada vez que  se comete unha inxusticia no mundo, somos compañeiros, que é o mais importante.” Che Guevara.