O pobo galego amosou onte forza e dignidade nas concentracións convocadas en máis dunha ducia de localidades tras o secuestro na tardiña do mércores da Global Sumud Flotilla por parte do goberno israelita (galería de imaxes ao final da nova).
A resposta ás convocatorias foi masiva, tornándose moitas delas en manifestación polas rúas, chamando á liberación das voluntarias que viaxaban na misión humanitaria da flotilla a Gaza e esixindo rachar as relacións con Israel.
A forza da solidariedade co pobo palestino é imparable, amosando unha vez máis o compromiso firme das galegas e galegos coas causas xustas.
Este domingo, 5 de outubro, volveremos saír ás rúas ás 12 h dende a alameda de Compostela para seguir berrando por unha Palestina libre e pola fin do xenocidio de Gaza.
Contra o xenocidio. Contra o capital.
15 DE OUTUBRO FOLGA XERAL!






























