SOLIDARIEDADE DA CUT COA LOITA DOS MINEIROS

51

Hoxe conclúe cunha manifestación en Madrid, a marcha que durante os últimos días protagonizou a minería española en folga por defender os seus dereitos. Desde a CUT xa trasladamos ós compañeiros asturianos en loita a nosa solidariedade.A loita dos mineiros non nos é allea, sexan asturianos, aragoneses ou das serras do noso Bierzo. O recorte de máis do 60% nas axudas á minería que ten previsto o Goberno do PP, contrastan cos 100.000 millóns que lle regalarán á Banca, sen contraprestacións de ningún tipo.Unha vez máis, prémiase ós culpables e xestores da actual conxuntura económica, mentres vaise castigar sen miramentos á clase traballadora: recortes sociais e laborais, alza de prezos, etc.Neste contexto, a loita dos mineiros é un exemplo para toda a clase traballadora do Estado Español. Desde a CUT unha vez máis, nosa solidariedade e o noso recoñecemento a loita mineira.