Os medios de información nos últimos días estanse a facer eco da Folga dos servizos de recollida de lixo en Madrid. Obviamente o nivel de intoxicación mediática sobre o conflito é escandaloso e Ana Botella, a alcaldesa da capital, nun alarde de prepotencia fascista deu un ultimátum ás empresas e @s traballador@s, para que cheguen a un acordo. Até aquí sería o que se vende polos medias, é dicir a mascarada coa que a prensa do réxime falsifica o que realemnte acontece. A realidade do conflito é outra e hai que procurala máis alá desta intoxicación informativa.
Os servizos de limpeza viaria, recollida de lixo e mantemento de xardíns ocupa a un colectivo de 6500 traballador@s en Madrid. Ditos servizos están concesionados a tres empresas: OHL, Valoriza e FCC, a quen lle foron adxudicados no pasado mes de xullo. O problema de fondo oculto nesta cuestión está na intención da patronal do sector de reforzar o proceso de privatización dos servizos de limpeza en favor dos amigos, así como, loxicamente, o incremento da súa taxa de lucro.Estas empresas, que pretenden o despedimento a través dun ERE extintivo de 1134 traballador@s, puxeron ademais enriba da mesa un recorte dos salarios do 32%, isto é: aplicar exactamente as mesmas táboas do Convenio Colectivo do 2007. Loxicamente a asemblea do colectivo en Folga, decidiu non tragar con semellante pretensión da patronal, auspiciada pola política do PP.A representación sindical está constituída por CCOO, UGT, CGT, USO e Solidaridad Obrera. Está por ver se os sindicatos maioritarios, obrigados a loitar pola asemblea dos/as traballadores/as, son capaces de manter o pulso de dignidade ante esta ofensiva da patronal. Este é un conflito laboral que está poñendo en serios apuros a estas cúpulas sindicais gangsterís, e está por ver tamén se a esquerda sindical é capaz de aglutinar as arelas do colectivo.Desde a CUT temos trasladado a nosa solidariedade @s traballador@s en Folga. Haberá que estar atentos, a partires de agora, ás manobras anti-folga da Patronal e sobre todo do PP. Hoxe mesmo entraría a recoller o lixo a empresa TRAGSA de non acadarse un acordo, e non descartan tampouco, se a Folga segue adiante, botar man do “glorioso” exército español, e poñelo a recoller lixo, sen dúbida un labor moito máis útil á sociedade que o de ocupar países como Afganistán seguindo o ditado dos Estados Unidos.Viva a loita obreira!Viva a solidariedade obreira!