A CUT ven a manifestar a nosa máis firme solidariedade co pobo saharauí, aínda que non por nova a conxuntura, si novo capítulo de dramatismo da represión brutal e indiscriminada da monarquía e do estado marroquí con este pobo ocupado.A falta de información concreta e ampla polo secuestro previamente planificado por Marrocos, as noticias que chegan do Sáhara Occidental sobre a asalto, ocupación e destrucción do campamento de Gdeim Izik, fan presaxiar o peor. A intervención programada e sistemática a punta de fusil contra a sociedade civil saharauí, pon as claras novamente o talante das autoridades feudais marroquís, vulnerando os máis elementais dereitos. Só unha intervención decidida e contundente da comunidade internacional e sobre todo da solidariedade frearán esta nova acción xenocida de Marrocos. É obvio que esta acción contra o pobo saharauí está perfectamente planificada e non so persigue a represión directa e indiscriminada da poboación resistente nos territorios ocupados, senón que paralelamente pretende o bloqueo da saída ó conflicto. Non é casual que hoxe estivera prevista unha nova reunión negociadora entre o Frente Polisario e Marrocos en Nova York, ca mediación da ONU e a presencia dos gobernos de Alxeria e Mauritania.Desde a CUT esiximos das autoridades españolas a intervención urxente e directa fronte ó goberno de Marrocos, na perspectiva de garantir a saída ó conflicto e que o Sahara Occidental acade o seu dereito inalienable de independencia nacional.Así mesmo, facemos un chamamento a clase traballadora e ó pobo do Morrazo, tradicionalmente solidario e con vencellos de amizade con este pobo irmá, para reactivar a nosa actitude de apoio á loita saharauí contra a represión e a ocupación xenocida de Marrocos.