O Secretariado Nacional da CUT acordou dirixirse ao sindicato grego irmán PAME para transmitirlle a nosa total solidariedade diante da traxedia producida días atrás en Ática froito das inundacións e que tivo como resultado a morte dunha ducia de cidadáns gregos.
Somos conscientes e sabedores do verdadeiro significado do drama acontecido, por moito que algúns interesadamente traten de agachalo coma un desastre natural. Nós sabemos que unha vez máis a man do capitalismo é responsable. Non hai moito que en Galicia e en Portugal sofremos as consecuencias dramáticas dos incendios forestais, que arrasaron e asolaron centos de economías humildes e tamén, como en Grecia, deixaron un regueiro de mortes.
É obvio que o modelo que instaurou o capitalismo en todas as súas formas recurta cada vez máis non só os dereitos dos traballadores e traballadoras e das clases populares. A especulación, a xestión territorial, as políticas forestais e as urbanísticas, lévannos indefectiblemente a ter que enfrontar estas traxedias.
Desde a CUT de Galicia reiteramos a nosa solidariedade e apoio ao pobo grego e ás persoas dagnificadas polas inundacións recentes.