Quen son o pobo Kanako.
Kanakya ou tamén chamada Nova Caledonia é unha nación constituída por varias illas situadas ó noroeste de Australia, no Mar Pacífico, e que é colonia francesa desde 1853. Os seus habitantes orixinarios son de etnia melanesia e constitúen a maioría dos 231.000 habitantes actuais. Arredor dun 40% son colonos e forzas militares de ocupación francesas. A economía kanakia ten tres eixos: a explotación do níquel -o máis importante e que dá emprego maioritariamente á poboación francófona-, o sector turístico e a agricultura -fundamentalmente do cultivo da cana de azucre- que emprega masivamente á poboación autóctona.
A historia de Kanakya está chea de fitos sanguentos relacionados coa resposta represiva e imperialista francesa fronte os dereitos asoballados do pobo kanako.
No ano 1985 os distintos referentes de reivindicación nacional crean o FLNKS (Fronte de Liberación Nacional Kanako Socialista), comezando un proceso de loita aberta na búsqueda da liberdade. As sabotaxes aos intereses dos colonizadores van formar parte da paisaxe do pobo kanako. Doutra parte, a represión e as políticas de apartheid francesas vense acentuadas.
No ano 1986 a ONU acorda a integración de Kanakya na lista de territorios non autónomos, o que no Dereito Internacional ven supoñer o exercicio do dereito de autodeterminación. A represión francesa non afrouxa e a forza do movemento de liberación nacional segue a medrar en torno ao FLNKS.
Os acordos para o exercicio da autodeterminación.
Froito da loita que é asumida maioritariamente pola poboación kanaka e nun contexto de enfrontamentos violentos que se van estendendo a pesar da forte represión, no ano 1988 ten lugar o Acordo de Matignon, polo cal se establecen as pautas baixo as que se xestionarían os dereitos do pobo kanako. Toda unha concesión do colonialismo pero chea de trampas para eternizar e enrarecer dito proceso.
No ano 1988 ten lugar o Acordo de Matignon, polo cal se establecen as pautas baixo as que se xestionarían os dereitos do pobo kanako.
No ano 1989 é asasinado polos servizos secretos franceses, o dirixente kanako Jean Marie Tjbaou. O proceso derivado do acordo da administración francesa cos dirixentes do FLNKS estáncase, prodúcense máis e máis sabotaxes aos intereses coloniais ,en paralelo a máis asasinatos selectivos de dirixentes nacionalistas. O proceso kanako entra nunha fase complexa onde queda claro o carácter irreconciliable dos intereses imperialistas de Francia cos do pobo.
No ano 1998 a administración francesa, presionada pola loita de liberación nacional e distintas iniciativas internacionais, volve sentar coa dirixencia kanaka tendo lugar o Acordo de Numea, capital da nación kanaka. O contido de dito acordo establece o artellamento da celebración de referendo cada dous anos para verificar a correlación ao respecto da independencia ou non da poboación.
Despois de transcorrido o período transitorio de dez anos establecido no Acordo de Numea, o 4 de novembro de 2018 ten lugar o referendo que é rexeitado por diferentes sectores independentistas que chaman á abstención. O plebiscito finalmente é celebrado e o resultado é dun 56,4% favorable ao estatus actual, é dicir non favorable á independencia nacional.
O referendo de 2020.
Este domingo, 4 de outubro, volver haber referendo en Kanakya. Nesta ocasión, todos os sectores nacionalistas e independentistas si van participar na convocatoria. A diferenza co referendo do ano 2018, segundo se extrae do relato que manexa o FLNKS, é que as garantías democráticas nesta volta son superiores e fan viable a participación.
Dende a CUT saudamos ao pobo kanako, á clase traballadora e ao USTKE, o sindicato irmán co cal compartimos espazo na Plataforma Sindical de Nacións sen Estado. Vaia dende aquí a nosa máis fraternal solidariedade e o noso fondo desexo de que o pobo de Kanakya acade por fin o seu dereito inalienable á autodeterminación nacional e á independencia. Dereito que para o pobo galego está por chegar.