Onte luns día 11 estivemos nas portas dos xulgados de Vigo solidarizándonos cos compañeiros represaliados na Folga Xeral Nacional do 27 de xaneiro de 2010. A estes cinco traballadores (catro da CIG e un da CUT) pídenlles ano e medio de cadea por cabeza nunha acusación pantasma e chea de contradicións por parte das testemuñas policiais. Claro está que a única finalidade e limitar o dereito a folga criminalizando o seu exercicio. Non o conseguirán porque non lles deixaremos.