Solidariedade cos estibadores do Pireo en Grecia

93

Os estibadores portuarios do Pireo (Grecia) levan catro días en Folga reivindicando os seus dereitos laborais fronte a empresa COSCO, que intenta eliminar os máis básicos elementos da negociación colectiva. De xeito simultáneo a Xustiza grega acaba de declarar ilegal a convocatoria de Folga exercitada por este colectivo portuario. En resposta, no día de onte a asemblea de estibadores decidiu a continuidade da Folga desoíndo o fallo dos tribunais de xustiza.

A empresa COSCO é unha multinacional de capital chinés que se fixo coa licitación do Porto do Pireo, o máis importante de Grecia, no marco das políticas de privatización dos sectores estratéxicos mandatadas pola Troika, e executadas primeiro por Antonio Samaras e hoxe polo Goberno de Syriza.

A asemblea de estibadores fixo un chamado aos traballadores dos portos da rexión do Pireo para secundar a Folga. Tamén a nivel rexional europeo comezaron distintas iniciativas encamiñadas a axudar a loita dos estibadores gregos. Concretamente unha delegación de estibadores do porto de Marsella, trasladouse ao país helénico e tamén están previstos paros na súa solidariedade.

Desde a CUT trasladamos o pasado luns o noso apoio e solidariedade ao sindicato PAME e a asemblea de estibadores do Pireo.