Como nos mellores tempos da Brigada Político Social, o compañeiro Diego Cañamero, do Sindicato Andaluz de Traballadores foi detido, o pasado luns 21 de outubro, por un dispositivo de paisano das forzas represivas do estado español, encamiñado a intimidar e desmobilizar o movemento obreiro andaluz mediante o acoso constante a unha das súas cabezas máis visibles e representativas.Desde a Central Unitaria de Traballadores/as queremos denunciar a campaña de persecución que vén sufrindo o SAT por parte da policía e transmitir a nosa solidariedade de clase e saúdo fraterno ao compañeiro Diego Cañamero.Adiante a loita obreira!
Pódese ver aquí o vídeo do acto de solidariedade co SAT organizado pola Intersindical Alternativa de Catalunya o pasado 10 de setembro no que tamén participou a CUT:http://www.youtube.com/watch?v=OTr6i6AkzsI