Dende a coordinadora de Emprego Público da CUT poñemos a disposición das persoas afectadas polos procesos recollidos na lei 20/201 de Redución da Temporalidade o seguinte formulario que deberán remitir ao Departamento de Persoal/Recursos Humanos correspondente á súa administración empregadora, para facer emerxer a súa praza como consolidable e excluíla dos procesos de oposición ordinarios en marcha:
- prazas de persoal temporal creadas antes de 2018 e ocupadas por unha ou máis persoas dende a súa creación ata hoxe. (Anteriores a 2016 irán a concurso de méritos e posteriores a concurso-oposición de consolidación)
- prazas de persoal temporal creadas en calquera data e existentes hoxe, ocupadas por persoal cun vínculo coa administración empregadora anterior a 2016.
Esta acción colectiva das afectadas fará posible facer emerxer o maior número de prazas posible para o concurso de méritos ou de concurso-oposición de consolidación que marca a nova lei.
Envía a túa solicitude á administración na que traballas para que escoiten a voz das afectadas.
UNHA PERSOA, UNHA PRAZA