Sindicatos abren as portas da CRTVG á defensa do Planeta Furancho

108

A representación sindical da CRTVG, exceptuando á USO, abrirá as portas do medio público na tarde de mañá á defensa do programa musical Planeta Furancho, que a Dirección do medio quere eliminar da grella. Celebrarase ás 15 horas deste mércores unha asemblea para todas as traballadoras e traballadores da CRTVG conducida por algúns dos membros da iniciativa en defensa do programa de música en galego.

 

Respondendo a este convite da representación colectiva nun xesto por un medio de radiotelevisión ao servizo do pobo galego e da súa cultura, os compoñentes desta iniciativa trasladarán unha denuncia que levan tempo colocando nas rúas da capital do país. Piden a permanencia en antena do Planeta Furancho así como a reposición do Aberto por Reformas e un espazo radiofónico xestionado pola Asociación Músicos/as ao Vivo. Vogan tamén polo o cumprimento da Lei da CRTVG e da finalidade coa que foi creada, facendo un chamado a afortalar simultaneamente os medios libres e independentes. A receita da iniciativa contra os recortes é a desobediencia civil.