SILENCIO NO PARLAMENTO DE GALICIA SOBRE OS DESPIDOS DE DOCENTES A ESTABILIZAR

236

Dende a CUT Ensino denunciamos o circo mediático vivido onte no Parlamento galego entre goberno e oposición no que nun cruce de acusacións non se puxo voz á destrución dos postos de traballo de máis de 900 docentes á portas do seu despedidimento mañán mércores, tras décadas de servizo nas aulas galegas.


Os primeiros, por acción, o PP encabezado por Román Rodríguez, levan todo o ano eludindo a lei de estabilización do persoal docente con convocatorias masivas ordinarias e unha oferta ridícula de prazas a estabilizar. Nada que agardar do partido do goberno da destrución do ensino público e os seus axentes.

Os segundos por omisión, o BNG, pediu no Parlamento e trasladou á prensa a necesidade da reposición de profesorado e aumento dos cadros de persoal mediante un proceso ordinario de oposición no ano 2023, sen facer referencia algunha á recuperación dos postos de traballo destruídos do persoal interino despedido e agravando a súa situación coa súa pretendida solución para ampliar persoal. Tampouco o fixo o PSOE a pesar de ser responsables da lei estatal de estabilización que se limitou a falar de recortes por causas orzamentarias.

Na reunión mantida co BNG no final do curso pasado, como principal partido da oposición, trasladamos a nosa preocupación ante esta prevista situación de despidos masivos que agora eluden todas as partes e a necesidade de dar paso a unha estabilización real. Porén atopámonos que volven pedir procesos ordinarios que só poden agravar o problema e dende a CUT chamamos á reflexión e á loita pola estabilización como solución para repoñer os cadros de persoal docentes.

Coordinadora da CUT Ensino

31 de agosto de 2022