Ante o gravísimo ataque que para ós dereitos dos cidadáns supón a reforma que Gallardón pretende facer da LOPXe porque esta reforma culmina unha cadea de reformas lexislativas regresivas, que no seu conxunto supoñen:-Un atentado contra a xustiza de proximidade ao desaparecer os Xulgados de Paz coa reforma da LOPX.-Un afastamento da xustiza da cidadanía coa creación do partido xudicial provincial e a desaparición do resto dos partidos xudiciais.-Un ataque a independencia xudicial: reforma da LOPX e do CGPJ.-Un encarecemento da xustiza: lei de taxas, lei de asistencia xurídica gratuíta, reforma da lei de axuizamento civil, reforma da LOPX.-Un ataque a tutela xudicial efectiva: lei de taxas, lei de asistencia xurídica gratuíta, reforma da xurisdición universal.-Unha mordaza para a liberdade a opinar, protestar ou disentir: reforma do Código Penal, lei de seguridade cidadán.-A privatización do rexistro civil.Porque, en definitiva, este conxunto de reformas lexislativas liquidan o chamado Estado de Dereito piar básico de toda sociedade democrática.Por todo iso chamamos á concentración, mañá mércores 21 de xuño, en Vigo ás 12,30 nos Xulgados da Rúa Lalín, e ás 13h, ás portas dos xulgados de Cangas.
ALTERNATIVAS NA XUSTIZA GALEGA- CUTTfono de contacto: 639 772386 (Pablo Valeiras)
Cangas, 9 de xuño de 2014