Sen vacinas para as compañeiras da limpeza do CHUS

282

O CHUS dá comezo á campaña de vacinación do persoal sen ter en conta as traballadoras da limpeza. Sempre invisibilizadas, as compañeiras da limpeza hospitalaria traballan nun entorno de alto de risco, pero non contan cando chega a hora de administrar vacinas. Traballaron en primeira liña, están en contacto coas usuarias e cos residuos xerados por elas, sofren contaxios coma calquera outro colectivo dos que traballan no hospital, son esenciais para o correcto funcionamento do centro… pero son tamén invisibles para a Xerencia. Na Central Unitaria de Traballadoras cremos que é preciso denunciar a situación de discriminación coa que foron tratadas desde o comezo da pandemia. Ao non ser considerado un traballo de “alto risco” segundo o que ditou a administración central, establécense normas de prevención inferiores ás do persoal sanitario. Isto leva a que, nas mesmas zonas, o persoal de limpeza utilice máscara cirúrxica, mentres o persoal sanitario usa FFP2. Ademais de que dispoñen de menor protección para traballar no mesmo entorno, agora non van ser vacinadas canda o resto do persoal, polo que vai ser un dos colectivos máis vulnerables antes posibles contaxios. Por iso esiximos que sexan incluídas na campaña de vacinación, para non poñer en risco a súa saúde nin tampouco a das persoas usuarias.