Segue medrando a taxa de desempregados

71

O INEM nada sospeitoso de alarmismo, acaba de facer público o novo indicador do paro, dos indicadores ben maquillados pódese extraer o dato que afecta a Galicia, e que sitúa un incremento do 2´28% os desempregados no pasado mes de setembro.Segundo os datos do Ministerio de Traballo, desde setembro do ano 2007 incrementouse a lista de parad@s en 608.005 persoas, en todo o estado, o que supón un 30´14% máis de traballadores condenados a miseria e á desesperación.Por outra banda a crise do “mellor sistema da historia” segue a darnos noticias, e os teóricos e gurús do neoliberalismo meten a lingua no cu, incluso o Plan de Rescate de Bush, que nega na práctica ás máximas do capitalismo actual, está por ver os seus resultados finais.O único que temos claro é que o mundo entrou nunha nova etapa, onde os traballadores e traballadoras así como os pobos baixo o xugo imperialista, terémonos que enfrontar de maneira decidida ás consecuencias das políticas financeiras.Esperamos do III Congreso Nacional da CUT, novas ideas, novas forzas para desde Galicia facer o noso aporte o papel que ten que desempeñar o movemento obreiro internacional.