Segue a folga en UNVI por un convenio digno

86

As traballadoras da UNVi (empresa fabricante de autobuses de Ourense) fixeron onte e boxe folga de novo, saíron ás rúas e demostraron unha vez máis que, cando a clase traballadora se mobiliza, é capaz de defender con firmeza os seus dereitos.

Grazas á presión colectiva, conseguiron frear o intento da empresa de eliminar o acordo histórico do calendario de vacacións, un ataque directo ás súas condicións laborais. O seguimento, próximo ao 100%, fixo que se paralizasen en UNVI as quendas de produción de mañá e tarde ao berro de: “Se non hai negociación, hai mobilización”.

Foi a nosa forza a que obrigou á empresa a respectar o calendario de vacacións e a presentar unha proposta de convenio. Con todo, a plataforma presentada pola empresa lonxe de tender una ponte e apaciguar a situación, constitúe unha falta a toda lóxica, quedando moi lonxe dunha proposta digna.

A dirección senta agora a negociar, sí, pero faino ofrecendo un documento que non responde nin ao esforzo nin ás reivindicacións das traballadoras. As traballadoras non van aceptar avances aparentes nin compromisos baleiros.

A presión seguirá sendo a principal ferramenta para garantir unha negociación que non implique un retroceso en dereitos. O convenio recollerá melloras reais, palpables e xustas, ou seguiremos loitando ata conseguilo.