Secretariado da CUT impulsa un primeiro de maio contra a Europa do Capital

177

O Secretariado Nacional da CUT abordou esta semana as alianzas cara ao primeiro de maio, coa espectativa posta nunha mobilización popular contra os mandatos do Capital que están a traducirse en auténticos dramas humanitarios co peche sistemático de fronteiras e a devolución de inmigrantes e refuxiadas, xa sexa nos visíbeis campos de concentración improvisados por toda Europa, ou coa devolución de traballadoras e traballadores doutros países que arriscan a vida para chegar a esta fraude de soño chamado Unión Europea, cunha profusa persecución e represión das traballadoras e traballadores estranxeiras.Baixo a lenda “Contra a Europa do Capital unidade obreira e popular”, na diferentes comarcas son tamén diferentes as iniciativas e permanece aberto un diálogo con diferentes entidades sociais e sindicais para facer un primeiro de maio de todas e todos, no que caiban todas as voces, e no que o protagonismo sexa das traballadoras e traballadores que no día a día dan a cara polos seus dereitos e contra a explotación laboral, chantadas na súa realidade laboral pero cunha óptica xenerosamente internacionalista.
Nesta xuntanza insistiuse na necesidade de camiñar dende o ciclo de mobilizacións que está a se iniciar á convocatoria que o vindeiro 28 de maio, ao berro de Pan, Traballo e Teito chama a construír na cidade de Lugo unha muralla de diginidade popular.Noutra orde de cousas, deuse conta tanto da xuntanza celebrada en Zaragoza polas Marchas da Dignidade, así como da visita que nesta semana realizará a Galiza Ainhoa Etxaide, secretaria xeral do sindicato irmá LAB, e o convite recibido pola CSI Asturies para o seu VII Congreso no que a CUT estará presente.