Parabénizar novamente aos traballadores/as pola súa dignidade e resposta ante a convocatoria de folga (22 M). Lamentar que a nosa critica construtiva, na busca da suma de mais traballadores/as, finalmente non se tivera en conta.
Despois de tanto discurso de megáfono, da competencia entre bandeiras, de actos partidistas, votouse en falta cando menos unha palabra de agradecemento para tódalas persoas non afiliadas aos sindicatos organizadores, que apoiaron e secundaron a folga. Camiñando detrás dunha faixa, siglas, e bandeiras que non eran as súas, pero o fixeron co convencemento que os/as que camiñaban tamén ao seu lado era a clase traballadora de Citroën. Esa é a verdadeira forza da mobilización realizada, non as siglas, sen esa clase traballadora, as siglas non teñen contido.
No día de hoxe, esta previsto celebrar a xuntanza coa empresa tal e como se había comprometido na xuntanza do Petit-Comité do pasado 17 de Abril. Na mesma agardamos que se aborden as diferentes problemáticas da fabrica, pero unha vez mais parece vai a falarse do seu libro: “ Industrialización 2019 Montaje: Continuación, Produción, Acuerdo Marco Mundial, Asuntos Varios, Ruegos y Preguntas.”.
Recuperar os 9 postos suprimidos en Abril e Maio non vai aliviar a situación de Montaxe 2, porque a situación xa era insostible antes, nin que os 2´previstos retirar no verano queden ata final de ano, ou recuperar 2 postos externalizados, xa que esta previsto externalizar a preparación de amortiguadores, a prancha de abordo, parte do kitting, e loxística, etc… e todo isto nos dous Sistemas.
Polo que, debemos continuar empurrando, debemos recuperar o perdido, e que a sangría non continúe. As problemáticas dos/as traballadores/as da fábrica no seu conxunto teñen que estar enriba da mesa, e aínda que o vento siga sen soprar, debemos continuar remando, e dende a CUT nos da igual o nome do barco, ou quen o tripula, sempre que non se deixe de remar.
Na man das persoas traballadoras esta a chave para que esta dirección reflexione, e realmente escoite as súas demandas. Que a nosa voz non se apague tamén é responsabilidade de todos/as, non cedamos ao chantaxe, ou as presións, iso é síntoma que o adversario sinte medo, e se o medo troca de lado, nese momento chegara a vitoria da clase traballadora.
“SE O VENTO NON SOPRA, COLLE OS REMOS”