SANTOS S.A. CONDENADA POR REPRESIÓN SINDICAL

98

O xulgado do social de Compostela vén de confirmar a denuncia que a CUT fixera pública de represión sindical na madeireira SANTOS Cocina y Baño SA., polo illamento do delegado do Comité M. Tejo, membro da executiva comarcal de Compostela da nosa Central, que foi represaliado logo de interesarse pola saúde dun compañeiro de traballo en situación de IT por accidente laboral e de reprender a un xefe de línea por poñer en risco a integridade física dun traballador desta empresa ao pretender expoñelo a riscos innecesarios, en coherencia co traballo de prevención de riscos que o noso compañeiro e delegado leva desenvolvendo con constancia nesta empresa de Camporrapado (Boqueixón).
A CUT celebra esta decisión da xustiza ante a gravidade dos feitos acontecidos en SANTOS que atentan directamente contra o exercicio da liberdade sindical, e parabeniza ao compañeiro que deberá ser reposto ao seu posto de traballo na nave central (a nave con maior número de accidentes laborais e riscos), á súa categoría profesional e indemnizado polo dano causado. A sección sindical da CUT en SANTOS seguirá defendendo con firmeza os dereitos e os intereses dos traballadores e traballadoras, co impulso imparábel das e dos que cren na forza obreira como músculo de todo cambio posíbel. 

Ningunha agresión sen resposta!!!