SANCIONADO POR MEXAR

93
O xoves 7 de abril, os representantes da CUT, fomos chamados a un despacho de montaxe, nel encontrábase catro homes todos eles de bata, agardando por un traballador. O Tribunal xa estaba reunido, soamente faltaba o “imputado”.
Ese mesmo día tras 42 días de espera, recibiu por fin a sentenza, CULPABLE, e tamén a súa condena, dez días sen emprego e soldo.
Eses catro homes, non contentos con comunicar a sanción persoalmente o traballador, ordenaron que sairá inmediatamente da fabrica, a pesares de ca sanción comezaba o día seguinte. Consideraban que “non esta en condicións de poder facer o posto”. Na porta do despacho o agardaba un garda de seguridade da fabrica, para acompañalo a saída, como se dun perigoso delincuente se tratara.
Catro homes, que cando se lle indica que o traballador vive a mais de 40 km, que comparte vehículo con outros compañeiros e quedan mais de seis horas para que remate a quenda, manifestan lles da igual que ese non é o seu problema, é que saia da fabrica XA!!!, é que espere ou faga o que lle pete, pero fora da fabrica.
Eses catro homes dicían representaban a Dirección, representan polo tanto o trato que a Dirección cree que merecemos os/as obreiros/as. De que o acusaban: