Saímos de novo ás rúas contra o confinamento dos servizos públicos

164

A CUT saíu ás rúas onte novamente contra o confinamento dos servizos públicos. En Vigo e na Coruña concentrámonos diante da Inspección de Traballo e en Compostela diante da Seguridade Social.

Continuamos denunciando que a clase traballadora esixe, e aínda máis nas circunstancias actuais, investimento nos servizos públicos: sanidade, educación, pensións, rendas para protexer a quen non ten ingresos, axudas para a vivenda… Reclamamos que as administracións defendan e protexan á clase traballadora. Somos contundentes contra a desaparición dos servizos públicos e contra o seu secuestro, pois o público demanda que nos atendan publicamente e non coma se fósemos un código dixital. Cada mes seguiremos reclamando que o público non  se pode agochar!