Onte a CUT estivo de novo nas rúas de Compostela e Vigo convocada pola Federación Sindical Mundial. A nosa voz puido escoitarse reclamando ben forte outro sistema posíbel, reclamando que baixo o capitalismo non haberá dignidade para a clase traballadora. As reformas do brutal neoliberalismo están a condicionar as nosas vidas grazas a que eliminaron o noso poder de decisión neste sistema. A única alternativa que nos queda é tomar as decisión por nós mesmos e mesmas, sen dilación e sen tregua. De nós depende. Podedes ver unha galería de fotos dos nosos actos premendo AQUÍ.