Sábado 25 de Xuño: II Festival da Cultura Proletaria

181

Xa está pechado o cartel do II Festival da Cultura Proletaria que se celebrará o sábado 25 de Xuño en Cangas.

Este segundo festival vai ter lugar no Centro Social “A Tiradoura” no barrio de Reboredo, que conta cun recinto con capacidade para 1500 asistentes. O evento comezará a partir das 12 da mañá, coa actuación do grupo de música tradicional Chacarrandaina. A presentación e conducción do programa da xornada estará a cargo de Luís “O Caruncho”, sendo  a entrada donativo de 3 €.

Haberá servizo de bar desde a hora de comezo ata o remate do festival, xa de madrugada. Haberá servizo de xantar con comida mariñeira a prezos populares, recital de poesía e xogos para nenos e adultos.

No apartado poético estarán: Méndez Ferrín, Xabier Cordal, Chus Pato e Xiana Arias.

No eido musical completarán o cartel do II Festival, o grupo de jazz Balea´s Blues Band, que serán os primeiros en subir ó escenario, seguiranlle o grupo Das Kapital que actuarán sobre as 20 horas, que lle darán paso á banda asturiana La Tarrancha, e pechara o festival a banda galega de Skarnio, que reaparece nos escenarios despois de dous anos inactivos.

O cartel fai presaxiar o cheo na Tiradoura, que viría a cumprir o obxectivo fixado pola organización de superar o éxito acadado na edición anterior.

Para calquera información complementaria podedes chamar o teléfono da CUT do Morrazo; 986 392003.