Rúa do Progreso 31
Inicio Rúa do Progreso 31
Farruco Sesto Novas (Vigo 1943), emigrou a Venezuela con 12 anos. É fillo do membro do Partido Galeguista Xosé Sesto. Estudou Arquitectura desempeñando logo como profesor na Universidade de Caracas.É un prolífico escritor, poeta, pintor e ensaista. Ten publicado unha ducia de libros e multitude de artigos en diversos medios. Na súa primeira etapa venezolana tense destacado pola publicación en idioma galego.Foi Ministro de Cultura no primeiro Goberno de Hugo Chávez. Logo no 2008 foi Ministro de Vivenda e ,no periodo 2010-2013, Ministro para Transformación Revolucionaria da Gran Caracas. Actualmente desempeña como Consul adxunto da República Bolivariana de Venezuela en Galicia. Farruco Sesto volveu á súa primeira Patria e tamén ós seus comezos literarios en idioma galego.