RTVs Públicas en Loita: contra a manipulación e a externalización

141

Representantes das traballadoras dos medios públicos galegos trasladaranse a semana que vén a Madrid canda o resto dos comités de empresa integrantes da Plataforma RadioTelevisións Públicas en Loita para trasladarlle aos grupos con representación no Congreso dos Deputados a súa preocupación pola gravísima situación de manipulación e externalización dos medios públicos en todo o estado.

As traballadoras da TVG e RG levan anos denunciando os avances nestes dous aspectos, que son un problema común co resto de radios e televisións autonómicas.

Integrantes da plataforma concentraranse o martes 9 de decembro ás 10 h fronte á porta principal  do Congreso, para a continuación manter as reunións axendadas cos diferentes grupos (Coalición Canaria, PSOE, Sumar, Bildu, BNG, Compromís e ERC, PNV e Podemos). A plataforma intentou tamén pechar reunións co PP e Junts, sen que polo momento obtivera resposta.

“O obxectivo destes encontros é trasladar aos grupos políticos demandas concretas para intentar erradicar estas prácticas que comprometen o presente e o futuro dos medios públicos, fundamentais en democracia,  dos que é imprescindible garantizar dunha vez por todas a independencia e autonomía con actuacións contundentes”

Nesas reunións, a representación dos cadros de persoal porá o foco na insoportable manipulación informativa que se practica nas redaccións, derivada da descarada inxerencia política e que vulnera o dereito fundamental a comunicar e recibir información veraz, e tamén no acelerado proceso de privatización ou externalizacións que padecen estas empresas públicas, das que as programación e os servizos se están repartindo entre o capital privado para satisfacer intereses económicos ou ideolóxicos contrarios á misión de servicio público que todos os entes teñen encomendada. O obxectivo destes encontros é trasladar aos grupos políticos demandas concretas para intentar erradicar estas prácticas que comprometen o presente e o futuro dos medios públicos, fundamentais en democracia,  dos que é imprescindible garantizar dunha vez por todas a independencia e autonomía con actuaciones contundentes.

A plataforma realizará asimesmo unha concentración o  mércores 10 de decembro ás 10 h ante a sede de FORTA (Federación de Organismos o Entidades de Radio y Televisión Autonómicos), como organismo de coordinación da xestión dos medios públicos autonómicos.

A “Plataforma RTVs Públicas en LoiTa” constituise o 17 de marzo de 2025 no 1º Encontro de Comités de Empresa de Radiotelevisións Públicas Autonómicas celebrado en Santiago de Compostela. Intégrana na actualidade os comités de empresa dos medios públicos de comunicación de Galicia (CSAG), Asturias (RTPA), Euskadi (EITB), Catalunya (CCMA), Comunidade Valenciana (À Punt), Andalucía (RTVA-CSRTV), Madrid (Telemadrid), Estremadura (CEXMA), Castilla La Mancha (CMM), Baleares (IB3), Canarias (RTVC) e dúas sección sindicais de CRTVE (CGT y CCOO).