Hoxe tivo lugar en Vigo, unha rolda de prensa para facer públicos os contidos da convocatoria da manifestación unitaria do 1º de Maio, que se celebrará en Vigo, polos sindicatos; CUT, CGT, SF, STEG e CGT e que levará como lema “CONTRA A EUROPA DO CAPITAL, FOLGA XERAL”. Dita manifestación comezará ás 11 da mañá desde a praza de Fernando o Católico, e rematará na Porta do Sol.Estiveron presentes na rolda de prensa; Manolo Camaño pola CUT, Merche Alonso do STEG, Manuel Pardiñas da CGT, Hector Pérez da CNT e Xulio Díaz do SF. Para os sindicatos convocantes, este 1º de Maio ten que supoñer a continuidade da ríada humana da pasada Folga Xeral do 29 de marzo.Nesta rolda de prensa denunciaron as políticas de sometemento do Goberno á UE, que está levando ó sacrificio dos dereitos laborais e sociais para a clase traballadora e os sectores populares. Nese sentido cobra actualidade o desmantelamento, chamados recortes da sanidade e do ensino, así como o proxecto de reforma do código penal destinado a amedrentar o movemento reivindicativo da clase traballadora.Dixeron, que o éxito da pasada Folga Xeral do 29 de marzo, demostrou que a clase traballadora e os sectores populares están dispostos a saír á rúa. Aínda que desde o réxime levan anos intentando narcotizar ó pobo, antes ofertándonos espellismos e agora metendo o medo, a maioría social non traga, nin tragará coas receitas do Goberno, que nos venden como solución á crise que eles mesmos crearon.
Os sindicatos convocantes xa dixeron alto e claro que, a Folga Xeral só sería o primeiro paso para pararlle os pes a quen quere levarnos ó escravismo. Xa dixeron que a Folga Xeral por si soa non botaría abaixo a Reforma Laboral e que esta non sería a única agresión ós traballador@s, virían máis. Efectivamente, pasada a axenda electoral autonómica, xa temos enriba da mesa os recortes na sanidade e no ensino. Temos tamén a modificación do código penal para reprimir aínda máis a quen se mova. E falan dunha amnistía fiscal para os ricos, que evidentemente non ía ser para os pobres.Os sindicatos presentes suliñaron a necesidade da convocatoria dunha segunda Folga Xeral, como un peldaño máis na toma de conciencia das masas traballadoras, para frear as políticas agresivas e antipopulares do Goberno do PP. Asimesmo demandaron a necesidade de aglutinar a clase traballadora e os sectores populares conscientes para, organizados dar unha resposta de calidade que camiñe a outro modelo social e económico.O actual sistema só pode salvarse do actual colapso a costa dos traballador@s e dos sectores populares, como?, converténdonos en escravos, desmantelando a sanidade e o ensino, privatizando todo o público e eliminando ou recortando toda protección social: pensións, baixas de enfermedade, desemprego, etc. Se isto non fora suficiente, van incrementar a presión fiscal e logo subirán os prezos dos bens de consumo básicos, ate extremos insoportabeis para a maioría social. Eles, os banqueiros, os borbóns, a clase política corrupta non devolverán o roubado. Por iso seguimos dicindo que outro sistema é posible.Durante os quince últimos días os sindicatos; CUT, CGT, SF-IN, STEG e CNT, levan desenvolvido unha intensa campaña informativa en toda a bisbarra de Vigo, destinada a chamar ós traballador@s a participar na manifestación que partirá ás 11 da mañá da Praza de Fernando o Católico. Pancartas, carteis, asambleas, follas informativas e o reparto masivo dun Manifesto.