A Sección Sindical da CUT no Grupo de Emerxencias Supramunicipal (G.E.S) leva máis dun ano denunciando as irregularidades que se están a producir neste servizo, irregularidades que poñen en risco ás persoas traballadoras e á cidadanía sen que dende a Mancomunidade do Val Miñor se adopten as medidas oportunas.
A práctica habitual está a ser a de precarizar a man de obra asignándolles aos bombeiros funcións de condutores cando os catalogan de peóns, e así non pagarlles a categoría correspondente.
non hai persoal suficiente, ata o punto de que un bombeiro ten que facer as funcións de condución, mando e outros servizos e agardar que o axuden os veciños e veciñas
O vindeiro 12 de abril estarán dous bombeiros de garda (1 peón e 1 capataz) con dous camións e unha pick-up todoterreo, e ambos os dous bombeiros teñen a licenza de condución tipo C caducada e sen categoría de condutores, o que impide conducir os camións.
Esta situación desvela non só que se precariza o traballo, senón tamén que se pon en risco a saúde laboral e a protección cidadá. Non é a primeira vez na que nos atopamos, nun incendio, con que non hai persoal suficiente, ata o punto de que un bombeiro ten que facer as funcións de condución, mando e outros servizos e agardar que o axuden os veciños e veciñas.
Dende a Sección Sindical da CUT esiximos que se poña fin a esta situación ou tomaremos as medidas oportunas.