Esta mañá foi rexistrada no Parlamento a iniciativa lexislativa popular “Liberemos A Galega”, impulsada por preto de 40 colectivos sociais, culturais, políticos e sindicais entres os que se atopa a Central Unitaria de Traballadoras.
“A recollida de apoios comezará previsiblemente no mes de outubro, cando tras todos os trámites burocráticos pertinentes, estean listos os pregos de sinaturas.”
Esta iniciativa, que require o apoio dun mínimo de 10.000 sinaturas, pretende reformar a actual Lei de Medios Públicos de Galicia, dotándoa de ferramentas e mecanismos que garantam uns medios públicos ao servizo da cidadanía galega e non dos intereses partidistas do goberno de turno. A recollida de apoios comezará previsiblemente no mes de outubro, cando tras todos os trámites burocráticos pertinentes, estean listos os pregos de sinaturas.
“Entre as principais propostas desta ILP figura a elección da persoa responsable da Dirección xeral da CRTVG a través dun concurso público e que requira o apoio dunha maioría reforzada da representación parlamentaria (3/5 partes das deputadas).”
Entre as principais propostas desta ILP figura a elección da persoa responsable da Dirección xeral da CRTVG a través dun concurso público e que requira o apoio dunha maioría reforzada da representación parlamentaria (3/5 partes das deputadas).
Tamén propón a elección a través dun concurso público das persoas designadas polo parlamento para o Consello de Administración da Corporación Radio-Televisión de galicia, requirindo a mesma maioría reforzada de 3/5 partes do arco parlamentario.
Liberemos A Galega! aposta por ferramentas que poidan servir para poñer couto á manipulación coma o Estatuto Profesional e o Consello de Informativos e que intenten garantir unha información plural e veraz.
“Esta iniciativa defende o dereito de acceso de todos os grupos sociais de Galicia aos medios públicos e pula pola defensa e promoción da nosa lingua e cultura como eixos centrais da razón de ser da CRTVG, ao tempo que propón a defensa do patrimonio audiovisual galego e dos contidos para a poboación infantil e xuvenil a través de canles temáticas específicas.”
Esta iniciativa defende o dereito de acceso de todos os grupos sociais de Galicia aos medios públicos e pula pola defensa e promoción da nosa lingua e cultura como eixos centrais da razón de ser da CRTVG, ao tempo que propón a defensa do patrimonio audiovisual galego e dos contidos para a poboación infantil e xuvenil a través de canles temáticas específicas.
A iniciativa lexislativa popular, anunciada a primeiros de xullo pola plataforma “Por unha CRTVG ao servizo do pobo” que engloba a todos os colectivos presentes nesta ILP, bate frontalmente contra o anteproxecto de lei presentado polo goberno do PP no mes de agosto e que xa recibiu como resposta a oposición das principais organizacións representativas do sector da información e audiovisual (Colexio de Xornalistas, FAPE e Mesa do Audiovisual Galego), así como das propias traballadoras da CRTVG.
A CUT estará sempre á fronte da defensa dos medios públicos como ferramenta esencial para a construción do país e como garante dunha conciencia crítica e non sesgada da nosa realidade.
POR UNHA CRTVG AO SERVIZO DO POBO, LIBEREMOS A GALEGA!