Reunión Prevención, a CUT CITROEN trasladoulle a necesidade da avaliación de riscos psicosociais.Coas altas temperaturas, unha vez máis continúan as problemáticas..

33

O venres celebrouse unha xuntanza entre representantes do servizo de Prevención e un representante de cada central sindical con presenza no Comité.

Temas tratados pola CUT nesta xuntanza:

  • Riscos psicosocias: solicitamos que se inclúa un punto especifico na orde do día do Comité de Seguridade e Saúde.; e preguntamos se van incluír na nova avaliación de riscos prevista pola desaparición do B78 tamén unha avaliación de riscos psicosociais.
  • Mascarillas FFP2: pedimos que por seguridade as persoas que o soliciten se lle entreguen mascarillas FFP2 en lugar de quirurxicas.
  • Baños/ papel mans: solicitamos que se dote de papel os baños e Ueps, as aglomeracións nos baños fan necesario que volte o papel, e preguntamos cando van habilitar todos os baños.
  • Protocolo de calor: para a CUT o actual protocolo non cumpre coa súa función, así que solicitamos que se actualice coa participación da parte social, e que xa que van realizar reformas nas cubertas para por placas solares que aproveiten para equipar con climatización as naves.
  • Carrocerias de pintura: denunciamos que cando teñen perdas en Ferraxe as correcerias son baixadas sen enfriar. O representante de Prevención recoñece que isto acontece e que cando o detectan, xa sexa por aviso dos sindicatos ou das persoas traballadoras, falan coa xerarquia para que non o faga. Dende CUT insistimos en que non é cuestión de que o detectemos nós ou as persoas traballadoras, como é claro que non se pode facer a xerarquia do taller ten que telo claro e cumprir a norma.
  • Rotacións: ante a intención da empresa de estender as rotacións solicitamos que dito tema sexa tratado en dous foros, no relativa a saúde no Comité de Seguridade e no tema organizativo no Comité de Empresa. A empresa non pode aplicar dita medida de xeito unilateral.
  • Balaidos factoría ergonómica: ante a nova aparecida ese mesmo día nalgún medio de comunicación para a CUT esta non responde a realidade da planta e xera un descontento entre as persoas traballadoras que teñen que soportar posturas forzadas e ritmos imposibles. Os representantes de Prevención argumentan que o premio do que fala a prensa foi polas “Alertas Ligadas al Trabajo”, que entenden que é unha boa dinámica de traballo. Para a CUT pode ser unha boa dinámica sobre o papel pero no taller non se desprega e unha parte importante das traballadoras non a coñece.