Resumo da I Asemblea Nacional das Marchas pola Dignidade

80

O pasado sábado 26 de abril tivo lugar en Teo unha xuntanza da Columna Galega das Marchas pola Dignidade.

Á reunión, que contou cunha grande afluencia, asistiron as principais organizacións das Marchas pola Dignidade, sindicatos, movementos sociais e veciñais, así como persoas a título individual.A primeira parte da asemblea estivo centrada na análise do resultado da manifestación do pasado 22 de marzo en Madrid, que foi considerada de xeito unánime como un gran éxito que conseguiu demostrar que a mobilización de grandes capas populares no estado español pode levarse a cabo sen a participación dos grandes sindicatos sistémicos, pactistas e mantedores da paz social.Así mesmo, considerouse necesario continuar a contestación ás políticas do réxime Madrid-Bruxelas en clave de popular e unitaria, fomentando a manifestación na rúa da maioría social agredida polas políticas antiobreiras do goberno e a confluencia de todos os sectores ameazados por riba das divisións sectarias, nun momento histórico no que a unidade da clase obreira na loita resulta a única ferramenta eficaz dispoñible á hora de enfrontar as políticas da dereita no poder.En segundo lugar, aprobouse un programa de actuación para os vindeiros meses co fin organizar a resistencia popular ás políticas do goberno que se concretou nos seguintes dous puntos:* 30 abril, ás 12 concentracións nas oficinas do Servizo Público de Emprego de A Coruña, Compostela e Vigo.* 21 de xuño, ás 12 Cadea Humana para rodear o Parlamento Galego.Nesta ligazón pódese acceder a unha galería de imaxes da I Asemblea Nacionial Galega das Marchas pola Dignidade.