Na Conferencia Nacional celebrada en Compostela o pasado 29 de outubro aprobouse a seguinte resolución:Reunido o Secretariado Nacional da CUT, en Compostela a 5 de setembro de 2011. En base ós aspectos que contradicen os acordos e principios da CUT, no procedemento que manten na cadea ós compañeiros Telmo Varela e Miguel Nicolás, decidiu trasladar a esta Conferencia Nacional, para ó seu coñecemento e a súa votación, a seguinte Resolución sobre a represión sindical:1.- A CUT recoñece a pluralidade política na súa base afiliativa, condenando calquera intento liquidacionista.2.- A CUT mantén e manterá un principio de solidariedade cos presos e coas presas sometidos á represión sindical. 3.- A organización da solidariedade cos compañeiros presos, así como a xestión de calquera outra cuestíon que xurda arredor da súa situación, recae na dirección do sindicato, en concreto no organismo que reúne a lexitimidade estatuaria entre congresos, o Secretariado Nacional.4.- Reiterar que o sindicato ten como única labor e campo de traballo a defensa dos intereses e dereitos da clase traballadora galega baixo os parámetros do sindicalismo asembleario, combativo, democrático, galego e de clase.5.- Na Central Unitaria de Traballadores/as como organización sindical socio-política non ten cabida a utilización das siglas do sindicato para intereses alleos a esta central, ou como paraguas de accións ou proxectos alleos aos acordos e á acción sindical da CUT, por moi lexítimos que foran. 6.- Na CUT non teñen nin terán cabida actos e accións non aprobadas por este sindicato e lexitimadas pola súa afiliación, sendo a deslealdade e as actuacións por conta allea motivo de expulsión.7.- A CUT enmarca a súa acción sindical no traballo diario dos seus delegados e delegadas e da afiliación no seu conxunto. O Secretariado Nacional deixa ben claro que tanto uns coma os outros afilianse á CUT por entender o sindicalismo dentro das premisas que deron pé a súa orixe; non admite nin admitirá a falta de respecto a delegados/as e afiliados/as poñendo en dúbida a súa capacidade combativa por parte de ninguén, pois a soa afiliación a esta central é un xesto claridade meridiana sobre a súa condición de homes e mulleres enchidas de dignidade obreira.8.- Aínda como se ten dito, sendo a CUT un sindicato de clase e socio político, as loitas de carácter político partidario, grupal ou sectarias quedan fóra do ámbito de actuación da CUT, e sendo este campo alleo aos obxectivos do sindicato. En consecuencia lóxica, aqueles que teñan a intención de converter a esta central en paraugas político deben retificar a súa actitude o desmarcarse da CUT.9.- O Secretariado Nacional solicita desta Conferencia a lexitimidade para adoptar as medidas que considere necesarias para atallar os intentos liquidacionistas que aparezan no sindicato.Comunicada a Resolución , solicitamos da asemblea a súa aprobación.
En Compostela, 29 de outubro de 2011 O Secretariado Nacional.