A Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras (CUT) convocou esta mañá a toda a veciñanza de Redondela , á concentración en repulsa e resposta contra a REPRESIÓN SINDICAL, que exerce URBASER sobre os seus traballadores/as especialmente coa representación sindical.
Toda vez, que nos últimos anos os únicos sancionados sempre son os delegados sindicais, e toda vez que neste caso concreto o delegado actual Alberto Covelo, esta suspendido de emprego e soldo por 10 días. Feito que realmente, e no fondo, ven dado da mala xestión empresarial e da nula vixilancia dos servizos públicos privatizados, pois os traballadores/as enfróntanse todos os días a que a falta de medios, ou a diminución dos mesmos, a organización ou desorganización empresarial, impide o desenvolvemento normal da súa actividade. Algo que finalmente deriva en non poder rematar seus traballos dentro da xornada asignada e vixente no convenio Colectivo.
Os nosos cartos non deberían servir para ningunear, nin maltratar, nin precarizar as condicións dos traballadores.
Foi a reivindicación das condicións pactadas, o que rematou nesta sanción ao noso delegado. Acusando, iso si, doutra cousa, que nada ten que ver coa realidade obxectiva.
A todo este despropósito hai que sumarlle a gravidade que ten levar intentando negociar dende xaneiro un novo Convenio Colectivo que dende a parte social non vemos vontade ningunha de chegar a acordos. Recordamos aos veciños/as, e tamén aos partidos políticos que en realidade nunca os houbo sen conflito, dalgun tipo, feito que nos corrobora e nos enche de razón, pero que dalgún xeito debenos facder reflexionar sobre a quen lle otorgamos as concesións.
O acto celebrouse fronte as oficinas da Empresa, Praza Ribadavia Redondela (A Farola), trasladandose logo a Praza do Concello.
Reivindicarase dende a unión da clase traballadora e popular, fronte aos ataques gratuítos e prepotentes desta patronal con practicas do réxime pasado, patronal que non gusta de sindicatos, que non gusta de democracia e que trata así de amedrentar a toda a plantilla exercendo un castigo, inxusto e desproporcionado contra un, para que cale en todos.
Mais ala, de traballar nesta Empresa, neste sector, ou en calquera outro a resposta ou non resposta, aféctanos a todos e todas, como traballadores/as, pero tamén como usuarios/as, pois o mal ambiente xerado repercute, non cabe, dúbida no servizo prestado.
Por iso berraremos contra a barbarie e contra a impunidade dunha Empresa pagada con cartos públicos. Os nosos cartos non deberían servir para ningunear, nin maltratar, nin precarizar as condicións dos traballadores.
Alberto Covelo non está, nin estará só.
A Paz social rematou!!!!!