Represión sindical en URBASER

707

O luns 18 de novembro celebrouse en Redondela unha xuntanza de traballadores e traballadoras da provincia de Pontevedra que prestan servizos en diferentes concellos coa empresa URBASER, e outros tipificados como “varios” que son utilizados para reforzar calquera destes concellos nunhas condicións laborais inferiores.

Este grupo de “varios”, composto por arredor de vinte traballadores, ademais da inferioridade de condicións, está a sufrir a represión da dirección da empresa desde que decidiu unirse, sindicarse e reclamar os seus dereitos

Este grupo de “varios”, composto por arredor de vinte traballadores, ademais da inferioridade de condicións, está a sufrir a represión da dirección da empresa desde que decidiu unirse, sindicarse e reclamar os seus dereitos. URBASER respostou ás súas demandas con represión: presión sobre os traballadores, seguimentos obsesivos despois, logo sancións sen emprego e salario e agora xa un despedimento.

Onte mostrouse a solidariedade entre todos os traballadores e traballadoras de URBASER e, ante este abuso, non haberá medo, haberá contestación clara e sindical. Aprobouse a seguinte folla de ruta:

 *Socialización da situación ante a cidadanía

 *Trasmisión da preocupación á sociedade civil organizada

 *Xuntanzas cos diferentes grupos políticos dos concellos afectados para poñelos ao día da explotación laboral que se dá cos cartos públicos.

 *Concentracións nos concellos nas seguintes datas e horas:

  • Moaña: no Concello o día 2 de decembro ás 13:45 horas
  • Soutomaior: na Praza Talo Río o día 3 decembro ás 13:30 horas.
  • Vilaboa: no Concello o día 4 de decembro ás 13:30 horas.
  • Pontecaldelas: na Alameda o día 5 de decembro ás 13:30 horas.
  • Mos: no Concello o día 10 de decembro ás 13:30 horas.
  • Pazos de Borbén: no Concello o día 11 de decembro ás 13:30 horas.
  • Tomiño: no Concello o día 12 de decembro ás 14 horas.
  • Manifestación en Redondela o día 14 de decembro ás 18 horas desde a Praza de Ribadavia (A Farola).