O sábado 29 de outubro celebramos a III Conferencia Nacional, “FIANDO O SINDICALISMO DE CLASE”, na cidade de Compostela, no Instituto Xelmirez I. Xa tedes a vosa disposición o regulamento da devandita conferencia.
REGULAMENTO DA CONFERENCIA DA CUT
Previo.- Convocatoria do IV Congreso Nacional da C.U.T.
a).- Por acordo do Secretariado Nacional de data 4 de xullo, e en base ao Artigo 28 dos Estatutos, acórdase a convocatoria da Conferencia da C.U.T. A data e lugar de celebración será o día 29 de outubro de 2011 en quenda de mañá na comarca de Compostela no IES Xelmirez 1.
O Lema Da conferencia será:
“Fiando o Sindicalismo de Clase”.
b).- Dende a publicación deste Regulamento darase publicidade inmediatamente na páxina web da C.U.T., ao igual se publicaran todas aquelas as novas que, aos efectos da garantía de acceso,publicidade e participación da afiliación da C.U.T, se estimen precisas.
c) Para garantir a asistencia directa e a participación democrática e plena de toda a afiliación da CUT, dende o Secretariado Nacional e dende as Executivas Comarcais farase un esforzo no tocante á comunicacións da convocatoria da Conferencia. Para concretar o que se acaba de expoñer establécese as seguintes pautas de actuación:
-
As Executivas Comarcais, comunicarán mediante sms e/ou correo electrónico a toda a afiliación a convocatoria da Conferencia. Farase un chamamento á participación activa no seo da Conferencia.
-
En todas as sedes da CUT e na web publicitarase a convocatoria.
O Secretariado Nacional fai un chamamento ás Comarcas, cadros e militantes sindicais a corresponder co compromiso de garantir o cumprimento do presente Regulamento da Conferencia da CUT.
Primeiro.- Dereito de asistencia directa.
-
Terán dereito de asistencia ao Congreso, toda a afiliación coas cotas ao día. A comunicación e a xestión do dereito será responsabilidade plena das Unións Comarcais. (U.C.) Estas pasarán o listado oficial da afiliación asistente con oito días de antelación (21/10/11) á celebración da Conferencia.
-
A inasistencia dun ou dunha congresista non da dereito a súa substitución.
Segundo.- Responsabilidade do Secretariado Nacional.
-
O Secretariado Nacional (SN) máximo órgano da C.U.T. entre Congresos, será o encargado de coordinar, xestionar e dirixir o proceso da Conferencia Nacional da CUT.
-
Será o órgano de dirección encargado do proceso previo á celebración.
-
Será o encargado de presidir a Conferencia Nacional.
Terceiro.- Da mesa do IV Congreso.
-
Será a encargada de dirixir a Conferencia, garantindo o cumprimento do expresado no presente Regulamento. Igualmente encargarase de dar resposta a calquera dúbida de interpretación que se suscite durante o transcurso da Conferencia Nacional.
-
Nomeará entre os seus membros e dúas persoas encargadas da redacción de Actas.
Cuarto.- Da Acta do Congreso.
As persoas responsábeis de actas, levantarán Acta do Congreso, e para maior racionalización e eficacia da tarefa repartiranse por tempos a función encomendada.
Na Acta inescusablemente figurará o nome de todas as persoas asistentes, Mesa Congresual, intervencións, resultado das votacións e acordos acadados.
Rematado o Congreso, a Acta será asinada por todas as persoas que forman a Mesa Congresual.
Quinto.- Asuntos a debater e aprobar na Conferencia.
A Conferencia circunscribirase ao debate e aprobación dos seguintes temas:
-
A represión contra a CUT: situación actual.
-
Nova etapa no enfrontamento á crise e ao capital.
Sexto.- Orde do Día da Conferencia Nacional-
A Conferencia constituirase coa entrada das persoas asistentes e contará ca seguinte Orde do Día:
09´45 hs. Recepción das persoas asistentes e entrega de acreditacións e material.
10´10 hs. Apertura da Conferencia coa Internacional.
10´15 hs A represión contra a CUT: Situación actual.
11´45 hs. Descanso.
12´00 hs. Nova etapa no enfrontamento á crise e ao capital.
13´00 hs.Peche a cargo do Secretario Xeral.
Sétimo.- Do procedemento, aberto á Conferencia Nacional.
No cumprimento estrito do exercicio da democracia e o respecto ás persoas asistentes, as intervencións serán por rigorosa quenda de palabra e circunscribíndose á orde do día aprobada. Calquera vulneración do presente Regulamento ou se algún afiliad@ considerara lesionados os seus dereitos, comunicarano á mesa por escrito antes do comezo da Conferencia.
Oitavo.- Das votacións no Congreso.
-
Todas as votacións realizaranse a man alzada. Cada persoa asistente ten dereito a voz e a voto. A Mesa Congresual velará pola pureza democrática, chamando á votar por esta orde; votos en contra, votos a favor e abstencións, cos intervalos correspondentes para contar os votos. En caso de votación masiva, a Mesa se o considera, poderá en aras da axilidade, resolver “por aclamación”.
Noveno.- Da clausura.
-
Rematado o debate, pasará a facer as conclusións o Secretario Xeral da C.U.T.
-
Himno Galego.