Reconstituída a sección sindical da CUT en Citroen

97

A nova sección sindical da CUT nunha das empresas máis importantes do país, dirixida por Eladio Bastos e Víctor Mariño, comprométese a desenvolver un traballo sindical guiado polos principios do asemblearismo, a combatividade e a defensa a ultranza e sen concesións dos dereitos dos traballadoresSon en total máis de cen traballadores os que decidiron erguer de novo en Citroën a bandeira do sindicalismo de clase, asemblear e non subvencionado para encetar, ceibes de pactos e prebendas coa patronal, unha praxe sindical marcada pola coherencia e a honestidade.No actual contexto de recesión económica e ofensiva da patronal, a Central Unitaria de Traballadores/as afronta esta nova etapa na primeira empresa do país con grande ilusión e sentido da responsabilidade, consciente da necesidade de amosar no día a día a vixencia dos principios da mobilización e o asemblearismo.