Preto dun cento de traballadoras de diferentes empresas vencelladas ao servizo galego de protección e coidado de menores reclamaron hoxe en Compostela un convenio digno e unhas condicións salariais xustas.

Baixo os lemas “Cos nenos e nenas non se mercadea” ou “A vocación non é explotación” as traballadoras reclamaron un convenio galego propio.
A intervención con menores en situación de desprotección e conflito social é un sector no que a vocación e a responsabilidade da persoas traballadoras fai que non sexa visible a precariedade na que desenvolven o traballo diario: salarios irrisorios, ratios de persoal que implican unha sobrecarga descomunal para poder cumprir o servizo, dispon?ibilidade durante todos os di?as e horas do ano, dificultades na conciliación familiar, carga emocional e estrés como medio de vida, escaseza de medios…
“Afrontamos condicións precarias e unha falta de recon?ecemento que non esta? equiparada coa importancia do noso traballo.”
Trátase dunha función social de gran importancia porque os menores vulnerables precisan dunha atención axeitada con recursos suficientes que non poden depender de orzamentos axustados sempre a? Baixa, tal como denuncian as traballadoras. S”omos unha peza chave no sistema e desempen?amos un papel fundamental na protección e benestar dos menores, dedicando o noso tempo e esforzo cunha vocación xenui?na por brindarlles un futuro mellor. Os menores ten?en dereito a recibir unha atención socio educativa digna, de calidade e por profesionais formados. Sen embargo, afrontamos condicións precarias e unha falta de recon?ecemento que non esta? equiparada coa importancia do noso traballo.”

A responsabilidade das institucións pu?blicas e das patronais do sector é recon?ecer a su?a labor, garantir unhas condicións óptimas e dignas de traballo para que poidan coidar e atender pensando no que fan e non improvisando pola falta de recursos.
“A responsabilidade das institucións pu?blicas e das patronais do sector é recon?ecer a su?a labor, garantir unhas condicións óptimas e dignas de traballo para que poidan coidar e atender pensando no que fan e non improvisando pola falta de recursos.”
O V Convenio Colectivo Estatal de Reforma Xuvenil e Proteccio?n de Menores non recolle as súas necesidades, denuncian, mesmo as empeora ao establecer persoas traballadoras de primeira e segunda. Unhas, que traballen en entidades financiadas pola administración pu?blica cuxos pregos sai?sen despois da publicación do convenio. E ás demais se lles CONXELARA? TOTALMENTE O SALARIO ata a publicación duns pregos novos e sempre que a Xunta o queira pagar ou ata o 1 de outubro de 2029.
“As traballadoras da Xunta e da Patronal reclaman que apliquen a suba económica por igual a todo o mundo eliminando a discriminación que recolle o artigo 65 de xeito inmediato. Asi? mesmo defendemos a creación dun CONVENIO GALEGO”
As traballadoras da Xunta e da Patronal reclaman que apliquen a suba económica por igual a todo o mundo eliminando a discriminación que recolle o artigo 65 de xeito inmediato. Asi? mesmo defendemos a creación dun CONVENIO GALEGO para que as súas condicións sexan acordes coas súas particulares necesidades, un convenio que ten?a a su?a correspondencia cos presupostos da Xunta de Galicia.
“Se isto non mellora, imos a? folga”, advirten as traballadoras.
Por un convenio galego digno xa!
Galería de imaxes





























