Reclaman máis persoal en URBASER Redondela

182

O luns 30 de xuño, as persoas traballadoras do servizo da recollida do lixo de Redondela, previa asemblea, convocaron a través do seu representante legal da CUT, a todos os partidos e agrupacións con representación no multiusos da Xunqueira (Redondela). Do mesmo xeito, tamén foron convidadas diferentes asociacións veciñais e colectivos redondeláns dado o carácter público do servizo e a convivencia resultante coa veciñanza ao desenvolver o mesmo. Asistiu o persoal de Redondela e tamén doutros centros e  contratatas.

“A petición é clara e directa: queremos que a empresa contrate a dúas persoas máis, unha para a quenda da noite e outra para a quenda da mañá. A razón é que o cadro de persoal non se axusta á realidade da carga de traballo.”

A petición é clara e directa: queremos que a empresa contrate a dúas persoas máis, unha para a quenda da noite e outra para a quenda da mañá. A razón é que o cadro de persoal non se axusta á realidade da carga de traballo apoiado nun prego de hai case vinte anos que está obsoleto.

Queremos eliminar a situación dunha persoa soa recollendo enseres a diario, servizo que aumentou un 347%, mantendo a día de hoxe os mesmos medios mecánicos e humanos de dúas décadas atrás. Acabar tamén co feito de que unha persoa vaia soa na carga traseira ou a facer labores de repaso de lixo por fóra. O número de colectores aumentou un 21%.

Máis alá da cuestión estética, está tamén a seguridade, saúde e a calidade do servizo.

 

A iniciativa proposta pola parte social ás persoas que representan a parte política (PSOE, BNG, PP e AER) é a de levar unha moción ao pleno municipal asinada por todos os partidos e agrupacións na que se inste ao goberno local a unha negociación coa empresa Urbaser para o citado aumento persoal, sendo esta unha petición absolutamente de mínimos.

O aumento do cadro de persoal é unha demanda sindical de hai máis de unha década, proposta por activa e por pasiva tanto á parte política como á empresarial. A idea da moción no pleno municipal, máis alá de forzar a negociación e acadar o éxito da proposta, tamén buscamos con esta fórmula que se evidencie clara e públicamente as posturas de todos os partidos e agrupacións así como a da propia empresa á hora de posicionarse diante da nosa xusta reclamación. Sinalar que políticamente os seus respectivos representantes valoraron a proposta como positiva e foi ben recibida, dando o apoio verbal á espera do texto que será levado ao pleno para dar o seu apoio definitivo.

Dende a CUT queremos poñer en valor este acto de calado político, levado adiante grazas ao peso que acadaron os seus representantes en Redondela ao longo de anos de participación no tecido social, máis alá do seu propio centro de traballo, pibotando activa e visiblemente sempre arredor da perspectiva de clase que hai detrás de cada conflito.