O 1º Encontro Sindicalismo e Movementos Socias que se celebrará este sábado no Centro Cívico de Teis non quere manterse alleo ás diferentes mobilizacións contra a guerra imperialista nunha aposta obreira e popular pola paz.
Malia que a complexidade do programa nos impide desprazarnos a outros puntos da cidade de Vigo onde se desenvolverán protestas cidadás, no barrio obreiro de Teis, ás 12 horas, as e os asistentes concentrarémonos ao pé do Centro Cívico para sumarnos a esa rede de berros chamada a deter esta barbarie criminal.Sen ningunha dúbida: dicir que Galiza está pola paz, é dicir non á guerra imperialista.