Este domingo 2 de xuño o Foro Galego da Inmigración celebrará en Ribeira a VIII Asemblea de Inmigración e Emigración de Retorno, baixo o lema “Rebeldía activa polos dereitos sociais!”.O encontro será a partir das 10 da mañá na Casa da Xuventude e será pechado cunha mobilización en defensa dos dereitos das persoas migrantes que desde ás 17 horas percorrerá as rúas de Ribeira até a Praza do Concello, onde se realizará o acto público de remate.Ante o actual contexto de continuados recortes de dereitos que afectan moi gravemente a toda a poboación, mais que teñen especial incidencia naqueles colectivos en situación de maior vulnerabilidade, o Foro Galego de Inmigración, do que a CUT fai parte activa, pretende poñer en común as problemáticas que afrontan ás persoas migrantes en Galicia, e buscar estratexias para a defensa dos dereitos e da dignidade de todas as persoas. Tal e como afirmaron desde o FGI na presentación pública da asemblea “o obxectivo final é dotarnos de ferramentas e saberes para exercer a rebeldía activa que demanda o momento no que estamos a vivir”.A asemblea deste ano virará arredor de catro eixos básicos que, no caso específico da poboación migrante, están a ser obxecto de graves vulneracións: dereito á saúde, dereito a un emprego digno, dereito á vivir sen acoso policial e dereito á alimentación. Descarga o Manifesto da VIII Asemblea de Inmigración.