Readmisión de David: Nota 27 días

85

27 días despois de coñecer a sentenza, a empresa notificoulle a David por buro- fax, que en cumprimento da sentenza do Tribunal Superior de Galicia, xa é traballador de PSA dende o día 22 de Outubro, pero que de momento “se le exime de prestar servicios en tanto se tramita el recurso que se ha presentado”.

E dicir, David vai cobrar por estar na casa, namentres se tramita o recurso contra a sentenza, presentado pola empresa no Tribunal Supremo.

Xa pasou case un mes dende que o Tribunal Superior ditara sentenza;

  • 27 días dende que a empresa ten coñecemento da sentenza,
  • 27 días sen que a Dirección restitúa a David no seu posto de traballo;
  • 27 días nos que a empresa estalle pagando por estar na

A dirección e os seus “altofalantes” repiten continuamente que temos que reducir custes para ser competitivos, que temos que reducir custes para ter traballo, ou que temos que reducir custes para ter futuro; cando realmente o que deberían dicir é que temos que reducir custes para que os beneficios do GRUPO PSA sigan en aumento xunto cos salarios dos directivos.

1.202 millóns de euros de beneficios no 2015.

Un 17 de Novembro de fai xa dous anos, a dirección e o SITC, en contra da maioría da plantilla, asinaron o maior recorte salarial nos 50 anos de historia de PSA Vigo. Recorte que posteriormente foi ratificado no Convenio Colectivo polos asinantes do mesmo.

A mesma Dirección que non ten remordementos a hora de recortar o salario que levamos para casa, a mesma que externaliza postos de traballo, a mesma que amarra canta subvención pode, se cabe con esta postura de manter ao traballador na casa, afianza aínda máis o que xa establece a sentenza, a súa persecución e discriminación sindical cara aos que conformamos a CUT.

Somos conscientes que o motivo deste despido, non era se David realizaba actividades incompatibles cá súa baixa, senón que despois de varias folgas, e accións de protesta contra os recortes da empresa por parte da CUT, era “inculcar o medo aos/ás traballadores/as”. Pero dende a CUT dicirlle a esta dirección, que seguiremos loitando para que David volte o seu posto de traballo, e polas condicións dos/as traballadores/as.