Que pouca vergoña !

28
  • Citroen coa práctica habitual de pedir axudas.
  • Sen contraprestación para a clase traballadora, cunha simple carta non se agradece o esforzo.
  • Cartos públicos de todos/as os galegos/as, sen compromisos coa calidade do emprego e a fondo perdido como se ben facendo nos últimos anos.

A do actual Director da fábrica, que cifra en 600 millóns€ a inversión que necesita Stellantis Vigo, sen aclarar canto vai poñer Tavares, canto o Estado canto a Xunta e canto os traballadores/as do seu peto na próxima chantaxe para garantir modelos a partires do 2026. Iso si, a alta tensión para a que non cumpre cos requisitos que lla poñan gratis.

A do Director de Recursos Humanos, na carta que dirixe a plantilla , recordarnos amablemente os ingresos de 2021. Omite a perda salarial por que o índice da vida subiu no ano 21 e ao non ter cláusula de revisión salarial simplemente igualamos o ipc anual a 1 de xaneiro, e non recuperamos o perdido. No que vai do 22 xa levamos o mesmo camiño.  Recórdanos tamén que 147€( que xa eran salario consolidado noso)  son descontados anualmente da nosa paga de beneficios.

Cos prezos disparados, coas facturas mensuais fixas, con numerosos días de parada a conta do noso paro acumulado e a escasa participación da empresa nos nosos ingresos , se congratula de enviarnos ese recordatorio, antes os desafíos e  retos que se aveciñan .

Do agradecemento, non se come, nin se pagan as facturas. Aquí vimos a gañar cartos non a que nos froten o lombo.