“NESTA FOLGA IMOS RECUPERAR A HISTORIA E A PALABRA”. ENTREVISTA A RICARDO CASTRO.

105

“Esta folga non é unha máis, é unha menos das mil que faltan para mudar o rumbo da historia que nos afoga.” Entrevistamos a noso Secretario Xeral, Ricardo Castro, por mor dos preparativos da Folga Xeral galega e europea do vindeiro 14 de novembro. Da importancia da folga ao “engano” do referendo reivindicado por CCOO e UGT, vanse fixando na conversa as pespectivas e os obxectivos cos que a CUT afronta esta nova convocatoria.
Por que unha folga xeral máis?Dende o comezo desta nova crise do capitalismo, na CUT analizamos que a única vía para evitar a miseria á que nos queren someter é a mobilización. O noso discurso político-sindical foi sempre claro: ou xeramos dinámicas de contestación contundente e progresiva respaldadas pola clase traballadora ou imos cara un retroceso do conquistado ata parámetros do protocapitalismo. Esta folga non é unha máis, é unha menos das mil que faltan para mudar o rumbo da historia que nos afoga.É o momento de folgas xerais?Evidentemente é o momento das folgas xerais. Ao noso entender esta folga é unha realidade urxente porque xa tiña que terse dado antes, nos defendimos que fora en setembro (coma a de Euskadi) pero somos un sindicato pequeno que non pode afrontar unha folga en solitario. Dirixímonos á CIG para buscar o seu posicionamento nacional e de clase ao inicio do verán e continuamos agardando. Alegrámonos de que chegaran a un acordo co sindicalismo pactista que hai pouco rexeitaban, aínda que agora esquezan a outras forzas sindicais coma a nosa. Supomos que o mapa político saído das últimas eleccións condiciona determinadas decisións.Como afrontará a CUT esta nova Folga Xeral?A CUT enfoca esta folga con alegría e determinación, coma un novo escenario onde mostrar que hai unha clara liña divisoria entre a clase social traballadora e a política oficial dos monopolios capitalistas representada pola UE, FMI e goberniños diversos. Nós temos un discurso claro e contestario artellado nos principios do sindicalismo clásico de loita de clases e combatividade. Nós non negociamos recortes e privatizacións, nós non entramos en xogos absurdos de referendos para facerlle o xogo ao sistema porque as nosas vidas non as sometemos ao voto de ninguén. Sabemos tamén que será unha folga dura e cun nivel represivo en aumento, onde criminalizarán aos folguistas e premiarán aos esquirois baixo o ridículo presuposto do dereito ao traballo no único día que lles preocupa. Estamos preparados e preparadas porque a maior represión, maior unidade da clase traballadora.Esta folga concita a unidade sindical das centrais maioritarias. Cal é a posición da CUT frente a este acordo?Defendemos a unidade sindical pero non coma unha proclama a dicir por un altofalante. A unidade sindical baseada na loita de clases, na loita contra o sistema capitalista, no respecto a todas organizacións sindicais, no rexeite ao pactismo que nos trouxo este lodos, na horizontalidade nas decisións, na defensa sempre e en todas as circunstancias dos nosos dereitos… Unidade sindical sí, paripés de portada de prensa non. Habería que analizar os argumentos político-sindicais que sustentan esta suposta unidade sindical, logo falariamos. A clase traballadora está tamén farta dun tipo de modelo sindical, e político tamén, que toma decisións que non entende, e quedou demostrado na nosas mobilizacións co sindicalismo alternativo na folga do 29 de marzo.Daquela, seguirase a afondar na liña de unidade do sindicalismo alternativo?Esa é a día de hoxe a nosa proposta mentres non muden determinadas actitudes no sindicalismo maioritario. Os sindicatos, todos, debemos facer autocrítica e retificar os modelos de facer, de comunicar porque no século XXI non serven, e así o demostra a desafección progresiva que a clase traballadora ten para con todos nós. Folga tras folga a clase traballadora demostra que vai por diante nosa, algo estaremos facendo mal. Que posición mantén a CUT sobre o referendo concitado por CCOO e UGT?Xa antes fomos ben claros ao respecto, parécenos un engano pois é lexitimar o sistema e crear unha cortina de fume para non facer o traballo ao que lle teñen medo que non é outro que estar nas rúas mobilizándose contra o sistema. Non hai referendo que poida decidir sobre o noso futuro, eso depende de nós e non dun voto delegado. Pensamos que iso é eludir responsabilidades.Que perspesctivas hai para a xornada de folga en Galiza?Son optimista, penso que coma sempre, e en contra dese mito dun pobo galego sumiso, a folga en Galicia seré exemplar en seguimento e combatividade. A clase traballadora responderá a esa farsa mediática de que lexitimamos a nosa miseria. Nesta folga imos recuperar a historia e a palabra.Os sindicatos como a PAME grega e a CUT, entre outros afiliados á FSM, estanse a coordenar nesta convocatoria?Coma sempre a FSM está pola combatividade sindical e sempre existe unha coordenación para as mobilizacións nesa liña